Bo día, Xa rematadas as charlas de outubro, veño agora con información sobre as charlas que haberá no que resta de cuadrimestre. Este mes haberá 5 charlas (máis dunha por semana!), e xa hai planificada unha en decembro: - O mércores 5, ás 17:30, nunha colaboración coa asociación DAFIC por segundo ano - LaTeX: Escribiendo textos bonitos con \emph{comandos feos}, orientada ao alumnado de TFG, pero interesante para calqueira que quera coñecer ou aprender máis sobre LaTeX. - O luns 10, ás 18:30 - Maxima: Software libre para matemáticas, onde Hugo Herrador nos ensinará a utilizar Maxima para calculo simbólico, desde cero. - O xoves 13, ás 17:00: Iniciación a Blender: aprende a utilizarlo como un profesional, con Juan Gil, que ensinará a moverse por Blender, desde o principio. - O martes 18, ás 18:30 - Cómo salir de VIM y alguna cosa más, a xa tradicional charla de @migueldeoleiros, - O martes 25, ás 18:30 - Rust: un lenguaje aburrido y expresivo, que será un paseo introdutorio por Rust, e que este ano a dará Victor.j - O martes 2 de decembro, ás 18:00 - Guía para sobrevivir fóra da FIC, outra das tradicionais charlas, como sempre, con Brais Arias e Pablo Castro. Espcialmente interesante para aquelas persoas que estén rematando o grao, pero recomendable para calqueira. Como sempre, podes ver as gravacións anteriores das charlas na canle de youtube da asociación. Publicaranse as seguintes charlas a medida que se fagan. Se queres ver máis información sobre as charlas, podes consultar a recentemente renovada web, en https://gpul.org/schools Ademáis, fóra da fic, estanse a facer os Atlántica Labs, un concepto que mezcla os GPUL Labs coa Atlántica Conf nun formato mensual. Este mes será o 26 de novembro, co título: PostgreSQL: Lo que me gustaría saber antes de usarla, por José Mato. Podes consultar máis información sobre os Atlántica Labs na súa web, en https://atlanticaconf.com/labs.html Con iso, queda programada toda a actividade da asociación ata decembro. Se houbera algún cambio ou actividade nova, avisarei por aquí. Se tes ganas de dar unha charla, podes comentala, e buscaremos un oco. Saúdos, Iago