Bo día, Abro esta rolda de correo co obxectivo de dispor dun medio no que comunicar a actividade da asociación para aquelas persoas que non queiran usar meetup e lles pasen desapercibidas as mensaxes de Telegram. Esta fin de semana, varios membros de GPUL participaron no hacktoberfest, organizado por varias comunidades da Coruña. Durante o sábado, púxose a funcionar definitivamente a nova web da asociación, onde se publicarán tamén os eventos que se fan (pendente de poñerlle RSS). Con iso, pasamos ás próximas charlas: - Esta semana, o martes ás 17:30, temos a tradicional charla introdutoria a git, que dará Emilio - A semana que ven, o xoves 30 ás 17:30 tamén, tenmos unha charla do terminal máis avanzada que a anterior - O mércores 5 de novembro, tamén ás 17:30, nunha colaboración coa asociación DAFIC, poderemos aprender LaTeX, nunha charla introdutoria que o ano pasado tivo moito éxito. Ademáis, aínda que non programadas definitivamente, podo adiantar que antes de que remate o cuadrimestre, tamén haberá as habituais charlas de VIM e Rust, e quizais algunha máis. Mantereivos ao día! Saúdos, Iago