Bo día, Xa rematado outubro, traio información sobre as actividades de decembro, que será máis tranquilo. Primeiro, aproveito para felicitar a Pablo Páramo, por ser o gañador deste ano, e a Roi Martínez, Xiana Carreira, Gael Fernández e Martín García por ser finalistas nesta edición. Noraboa ao gañador, aos finalistas, e a todos os participantes que liberaron o seu proxecto. E agora, coas próximas charlas. En canto aos GPUL Schools teremos: - Martes 2 de decembro, ás 18:00 - Guía para sobrevivir fóra da FIC, outra das tradicionais charlas, como sempre, con Brais Arias e Pablo Castro. - Xoves 11 de decembro, ás 19:30 - SteamOS, un sistema para videoxogos, con Alberto García, de igalia, que traballa no sistema operativo. Ademáis, tamén haberá un Atlántica Labs: - Mércores 10 de decembro, ás 19:00 - From Words to Wisdom: Hate Speech Detection in the Age of LLMs, con Paloma Piot, investigadora do IRLab da Facultade de Informática da Coruña. Como sempre, podedes ver as gravacións pasadas na canle de youtube da asociación, e ver toda a información das charlas na web: https://gpul.org/schools e https://gpul.org/schools Con esto, finaliza a actividade da asociación en 2025, polo que vos desexo un bo ano. Previsiblemente, en xaneiro, a actividade será menor ao coincidir coa tempada de exames na universidade, e aumentará en febreiro, cando volveremos a tope de enerxia con máis charlas e unha nova edición de HackUDC. Saúdos, Iago