Pode crear unha rolda de distribución nova se cubra a
información relevante do formulario seguinte. O nome da
rolda empregarase como o enderezo principal á hora de enviar
mensaxes á rolda de xeito que debería estar en minúsculas.
Non poderá cambialo despois de a crear.
Tamén é preciso indicar o enderezo do propietario da rolda. Despois desta se crear, enviaráselle ao propietario unha mensaxe en que se inclúe o contrasinal. A partir de entón, o propietario poderá quer mudar o contrasinal da rolda quer engadir ou eliminar propietarios adicionais. Se quere que o Mailman xere automaticamente o contrasinal inicial da rolda, prema `Si' no campo de autoxerar que se amosa máis abaixo e deixe baleiro o campo onde se pode inserir o contrasinal inicial. Para crear roldas de distribucións novas é preciso ter a autorización axeitada. Cada sitio web debería ter un contrasinal de creadores de roldas que se poida usar no campo do final. Por último cómpre salientar que tamén se pode usar o contrasinal de administración do servidor. |
version 2.1.18 |